Teña en conta que desde que se solicita a tarxeta ata que é emitida e enviada pola Fábrica Nacional de Moedas e Selos (FNMT) pode levar algún tempo. Solicitalo con antelación.
Pode facelo na sede electrónica a través de Cl@ve, un sistema de identificación electrónica que lle permite acceder a prestacións e moitos servizos das administracións públicas sen necesidade de tarxeta ou software engadido. Para utilizalo debe rexistrarse previamente. Recomendámoslle facelo presencialmente nas nosas oficinas, aínda que pode tamén acudir a outras oficinas. Pode rexistrarse tamén de maneira telemática, tanto se dispón de certificado electrónico coma se non ten certificado electrónico (neste caso envíanlle unha carta por correo postal e, cos datos que alí inclúan, poderá activar o seu código).
Para a solicitude de Tarxeta Sanitaria Europea ten tamén dispoñible a App Móbil de MUFACE (para acceder á mesma non se precisa estar rexistrado en Cl@ve).
Validez da súa TSE
A TSE emítese cunha vixencia de dous anos. O período de validez consta na propia tarxeta.