Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Subsidio por Incapacidade Temporal
AVISO: Desde o 1 de setembro de 2026, as citacións para recoñecementos médicos no ámbito da Incapacidade Temporal (IT) comunicaranse por SMS ao seu teléfono móbil, informándolle da dispoñibilidade dunha notificación electrónica na Sede electrónica da Seguridade Social. Este cambio afecta a todas as persoas mutualistas en situación de IT, tanto de opción sanitaria pública como concertada. A continuación, atopará un díptico con toda a información salientable sobre o proceso completo de IT.”
O subsidio de incapacidade temporal é unha prestación cuxa finalidade é compensar a minoración nas retribucións a partir do día 91º da situación de incapacidade temporal, cando o organismo deixa de abonar as complementarias. A situación de incapacidade temporal a declara o órgano de persoal mediante a licenza por esta causa, baseándose nos partes de enfermidade que acreditan a asistencia sanitaria por MUFACE.
Contía
Nas situacións de incapacidade temporal o persoal funcionario ten os seguintes dereitos económicos:
Durante os primeiros noventa días, as retribucións establecidas na normativa vixente.
A partir do día nonaxésimo primeiro percibiranse:
As retribucións básicas.
Un subsidio por incapacidade temporal a cargo de MUFACE.
A contía do subsidio é fixa e invariable, e será a maior das dúas cantidades seguintes:
O 80% das retribucións básicas devengadas (soldo, trienios e grao, no seu caso), incrementadas na sexta parte dunha paga extraordinaria, correspondente ao terceiro mes da licenza;
O 75% das retribucións complementarias devengadas no terceiro mes da licenza.
O importe do subsidio non poderá ser superior ás retribucións complementarias íntegras correspondentes ao terceiro mes de licenza. Se a contía do subsidio resultase superior, o seu importe reducirase no exceso.
Requisitos
Ser mutualista en situación de incapacidade temporal e ter acreditado un período de seis meses cotizados ao Réxime Especial de Funcionarios Civís do Estado (período de carencia). En caso de non reunirse este período, pódense computar cotizacións a outros Réximes da Seguridade Social. Se a continxencia que provoca a situación de incapacidade é profesional (accidente en acto de servizo ou enfermidade profesional) non se esixe o período de carencia.
Información adicional
O dereito ao subsidio por incapacidade temporal nace a partir do día en que finalice o prazo de tres meses desde o inicio da situación de incapacidade temporal, é dicir, o día 91º.
O subsidio abonarase mentres dure a situación de incapacidade temporal e durante a prórroga dos efectos da mesma, sempre que se reúnan os requisitos esixibles para a súa percepción. (Duración máxima da IT: 24 meses; número máximo de mensualidades completas de subsidio de MUFACE: 21).
O subsidio extínguese, entre outras causas, por:
Finalización da licenza de enfermidade.
Xubilación.
Falecemento.
Transcurso do prazo máximo de duración: 730 días.
Incomparecencia aos recoñecementos médicos de seguimento da incapacidade temporal.
Os funcionarios e funcionarias a quen se lles haxa expedido un parte de baixa médica, que obtivesen a licenza por enfermidade ou accidente e que reciban asistencia sanitaria facilitada por MUFACE.
Prazo de presentación
A partir do día 91º en situación de incapacidade temporal poderá solicitarse o subsidio a MUFACE.
Lugar de presentación
Os medios para solicitar o subsidio de incapacidade temporal son os seguintes:
A través da Sede Electrónica de MUFACE (acceso a guía), as 24 horas do día, todos os días do ano. Precísase certificado electrónico, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN. Pode rexistrarse en Cl@ve, sen necesidade de desprazarse a unha oficina, accedendo á Sede Electrónica da Axencia Tributaria (apartado "Trámites Destacados/Cl@ve" - acceso a solicitude de Cl@ve): Recibirá unha carta cun código que deberá activar na Sede Electrónica da Seguridade Social.
Na unidade de persoal do organismo onde presta servizos, cumprimentando o impreso oficial que aparece máis abaixo.
Mediante correo postal, cumprimentando o mencionado impreso oficial.
En calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Nas nosas oficinas, acudindo con cita previa. Vexa nesta ligazón como pode solicitar a cita no seu Servizo Provincial.
Se non se presenta o modelo 145 do IRPF, calcularase o tipo de retención sen ter en conta as súas circunstancias persoais e familiares (art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).
O órgano de persoal comunicará a MUFACE a licenza do cuarto mes xunto co certificado das retribucións básicas e complementarias devindicadas ao comezo do terceiro mes de licenza e das complementarias deixadas de abonar a partir do día 91º.
Información dirixida ás Unidades de Persoal
Nas ligazóns seguintes accédese ao modelo do certificado de retribucións proposto por MUFACE e ás instrucións para cumprimentalo.
Acceda agora para presentar a súa solicitude a través da Sede Electróncia (apartado "Prestacións Sociais/Solicitude de subsidio por IT, RE e RLN").
Normativa
Orde PRE/1744/2010, de 30 de xuño, pola que se regula o procedemento de recoñecemento, control e seguimento das situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural no Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.