Pasaron máis de dous anos desde que solicitei a axuda pola compra dun audífono e agora téñome que facer outro. É necesario que volva presentar informe do especialista?
Si. Para solicitar a prestación por audífono, é necesario o informe do especialista tanto na solicitude inicial como nas renovacións, ordinarias ou extraordinarias.
Muface deume unha prestación para a compra dun audífono e agora teño que reparar. Existe axuda por este concepto?
Si. A contía da axuda será como máximo o 50% da axuda establecida para a súa adquisición, sempre que o audífono non se atope en período de garantía, e será tida en conta para efectos do computo de prazos para a renovación do mesmo artigo.
Téñome que pór dous audífonos e non sei se podo pedir algunha axuda.
Si. Pode vostede solicitar prestación por correo postal ou presencialmente en calquera oficina de MUFACE , presentando, cuberto e asinado, o Impreso de Solicitude.
Debe ir acompañado da seguinte documentación:
Para os Titulares adscritos ao INSS/Servizos públicos de saúde, a documentación que acredite que, utilizando os servizos sanitarios que lles correspondían, solicitaron a prestación no organismo competente e non a obtiveron ou o fixeron en contía inferior á financiada por MUFACE.
Que prótese son obxecto de reintegro por parte de MUFACE?
Os mutualistas que escolleron entidade sanitaria concertada poderán solicitar todas as que figuran no Catálogo de material orto-protésico, adaptado ao catálogo común de prestación orto-protésica suplementaria do Sistema Nacional de Saúde, que pode consultar na nosa web.
A prestación orto-protésica aos titulares e os seus beneficiarios adscritos ao INSS, coa mesma contía e catálogo, seralles facilitada polo Servizo de Saúde da súa Comunidade Autónoma de residencia ou polo INGESA (Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla) nas mesmas condicións e a través do mesmo procedemento que para o resto dos seus usuarios.
Que axuda podo solicitar para próteses oculares?
Os límites destas axudas son por beneficiario e facturas correspondentes ao ano natural. Pódense solicitar como máximo:
Como se poden solicitar as axudas oculares?
A documentación que debe acompañar, calquera que sexa a forma de presentación, será a seguinte:
Compreime unhas lentes de lonxe nunha óptica e vou solicitar a prestación de MUFACE. Necesito a gradación do oftalmólogo?
Non. Unicamente no caso de que a adquisición se realizase a través de internet, a factura deberá acompañarse de informe de especialista en oftalmoloxía ou de profesional óptico-optometrista emitido como máximo no prazo dun ano antes da adquisición, no que figuren os datos do paciente, así como os resultados da gradación, que han de coincidir cos detallados na factura.
En resumo, precísase informe médico do oftalmólogo para: lentes de contacto adquiridas por internet, lentes terapéuticas e prismas, emitido como máximo no prazo dun ano.
Acabo de atopar unhas facturas de lentes de contacto de hai dous anos e non pedín a axuda de MUFACE. Tería dereito á prestación?
Si. O dereito ao recoñecemento destas prestacións prescribirá aos cinco anos, a partir da data da factura. A prescrición interromperase, ademais de pola reclamación ante a Mutualidade Xeral, polas causas ordinarias establecidas no artigo 1973 do Código Civil.
Ten Vd. cinco anos, desde a data de factura, para pedir a axuda. O importe da axuda será o que estea establecido na data en que se formule a solicitude.
A miña nai vai saír do sanatorio e o médico indicou que temos que porlle na cama un colchón antiescaras. Ten algunha axuda?
Se. Pode solicitar a prestación:
A) POR CORREO POSTAL,
B) PRESENCIALMENTE en calquera oficina de MUFACE , presentando, cuberto e asinado, o impreso.
C) A través do REC , con certificado dixital ou DNIe
Documentación que debe acompañar, calquera que sexa a forma de solicitude:
Como se poden solicitar as axudas dentarias?
Pode solicitar a prestación:
Documentación que debe acompañar, calquera que sexa a forma de solicitude:
O meu fillo está en tratamento de ortodoncia pero o importe abónoo de forma fraccionada. Cando podo pedir a prestación de MUFACE?
Pódea solicitar desde o momento en que se teñan factura/facturas por importe igual ou superior á axuda.