A vacinación é unha das intervencións máis eficaces en termos de diminución da morbilidade, discapacidade e mortalidade que producen as enfermidades infecciosas. Todos os anos apróbase no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) as modificacións referentes ao calendario de vacinación común para todas as idades da vida. Posteriormente, todas as Comunidades Autónomas, conforme o calendario común aprobado polo Ministerio de Sanidade, establecen o calendario en cada unha delas, podendo ampliar algún criterio de vacinación. En esencia, isto quere dicir que existe un marco común en todas as Comunidades Autónomas e que as vacinas han de dispensarse a todo o colectivo mutualista en calquera lugar do territorio, sen excepción.