Este comité de valoración de tratamentos con hormona de crecemento e substancias relacionadas recibe e xestiona as solicitudes remitidas polos facultativos que atenden aos pacientes de MUFACE de opción concertada.
- Os facultativos especialistas en endocrinoloxía deberán facer as solicitudes de tratamento ao Comité cumprimentando os protocolos de inicio ou de seguimento que se encuentan a continuación, e que conteñen todos os parámetros a avaliar nos que se basean os criterios de autorización e renovación dos tratamentos.
- Xunto ao protocolo de inicio, debe anexarse o consentimento informado do paciente debidamente cumprimentado.
- A ausencia de enchemento dos datos solicitados pode ser motivo dun informe negativo para o inicio ou continuidade do tratamento