Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Misión, visión e valores
Misión
Contribuír á mellora da calidade de vida das persoas mutualistas, proporcionándolles a mellor atención sanitaria e farmacéutica, así como un amplo abano de prestacións sociais que garantan o seu benestar.
Visión
Consolidarse como unha organización sólida e inclusiva, caracterizada pola excelencia na xestión, contribuíndo ao progreso sostible do sistema sanitario español.
MUFACE aspira a ser recoñecida como un referente de calidade pola súa xestión, a través dos seguintes principios esenciais:
Desenvolver unha política de calidade para a mellora e ampliación da asistencia sanitaria do seu colectivo protexido en todos os ámbitos.
Potenciar unha axenda de protección social que dea resposta ás situacións de necesidade das persoas mutualistas e beneficiarias.
Promover a innovación, incorporando novas tecnoloxías que permitan ás persoas mutualistas acceder ás súas prestacións de maneira áxil e sinxela, as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Crear un sistema moderno a través da súa política de recursos humanos, no que sexa protagonista a xestión do talento, a motivación e a formación das persoas que o integran, acadando un alto grao de cualificación profesional e humana.
Valores
Vocación de servizo público. MUFACE é un organismo público que traballa para e polo seu colectivo de funcionarios, funcionarias e familiares, facendo efectivo o seu dereito á asistencia sanitaria e social.
Excelencia na xestión. A Mutualidade debe ser o máis próxima e sinxela posible, co obxectivo de ofrecer servizos de calidade; traballa na simplificación dos procedementos administrativos, garantindo un servizo máis eficiente a través da mellora continua.
Relevancia das persoas. O importante son as persoas mutualistas e as súas familias. Ese é o norte da nosa andaina. A calidez, cordialidade e respecto no trato son o noso sinal de identidade, así como o compromiso coas persoas que prestan servizo na Mutualidade, que constitúen o piar e o activo máis valioso co que conta o organismo para cumprir coa súa vocación.
Protagonismo das direccións provinciais. A nosa atención directa ao público e o contacto humano coas persoas mutualistas está nelas. Por iso, e porque garanten a igualdade da asistencia sanitaria e social no territorio, as direccións provinciais son protagonistas do modelo.