Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Dispensación en hospitais e centros con cargo á Mutualidade
Tipo de prestación
Farmaceútica
De que se trata?
Comprende os tratamentos con medicamentos destinados a pacientes ambulantes que, sen ter a cualificación de uso hospitalario, están sometidos a reservas singulares no ámbito do Sistema Nacional de Saúde consistentes en limitar a súa dispensación aos servizos de farmacia dos hospitais e para a súa administración non requiren a participación de facultativos especialistas.
Os mutualistas adscritos aos Servizos Públicos de Saúde recibirán estas prestacións gratuítas conforme aos procedementos establecidos en cada Servizo de Saúde.
Contía
Os medicamentos e produtos dispensados en Servizos de Farmacia Hospitalaria están exentos de achega económica por parte do paciente.
Beneficiario
Os mutualistas en alta ou situación asimilada e os seus beneficiarios, indistintamente de estar adscritos a unha entidade médica pública ou privada.