Cl@ve permitirache acceder a determinadas prestacións e a outros moitos servizos das administracións públicas sen necesidade de tarxeta ou software engadido, e poderás rexistrarte presencialmente ou por vía electrónica. Se queres rexistrarte en Cl@ve podes dirixirte a unha oficina de Muface, e para informarte das oficinas ou medios para facelo entra aquí. Todos os nosos servizos permiten o acceso con CL@ve ou PIN permanente, certificado electrónico ou DNI electrónico, e se están dispoñibles na App é suficiente cun nome de usuario e contrasinal.
A continuación podes ver os servizos electrónicos relacionados cos datos e certificados. Podes solicitar todos estes servizos e documentos na túa oficina de MUFACE previa cita, aínda que recomendamos utilizar a oficina e a App para a súa maior axilidade.