Debe presentar o parte medico de baixa no seu centro de traballo ou na unidade de persoal, que posteriormente o remitirá a MUFACE. O único modelo válido é o que se publica a continuación; polo tanto, calquera outro documento considerarase non válido.
Desde abril de 2019, MUFACE require a clasificación CIE 10-ES nos partes médicos de baixa, como codificación diagnóstica que substitúe á anterior CIE-9-MC. CIE-10 é o acrónimo da Clasificación Internacional de Enfermidades, 10ª edición. Edítaa a Organización Mundial da Saúde e determina a clasificación e codificación das enfermidades.
Exclusivamente para persoal médico, aquí pode acceder á ferramenta do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social que funciona como buscador e como conversor de CIE-9-MC a CIE-10-ES.