Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Axudas asistenciais
Tipo de prestación
Prestación de pago único.
De que se trata?
Son servizos e axudas económicas destinados a atender determinados estados ou situacións de necesidade, non cubertos por outras prestacións, sempre que se careza dos recursos indispensables para facer fronte aos mesmos.
Destacan as axudas ao copagamento farmacéutico para persoas mutualistas xubiladas, e as titulares viúvas ou orfas, en situación de vulnerabilidade, con arranxo aos requisitos que anualmente se recollen na convocatoria que se publica no BOE.
Contía
Corresponde ás Comisións Provinciais de MUFACE a definición dos criterios para a concesión de Ayudas Asistenciales, con suxeición ás normas reguladoras da prestación, aos parámetros de homoxeneización establecidos pola Dirección Xeral de MUFACE e, en concreto, ao disposto na resolución de convocatoria anual que se publica no BOE.
Quiénes pódense beneficiar da axuda
Personas mutualistas e titulares do documento asimilado ao de afiliación.
Prazo de presentación
As solicitudes preséntanse nos prazos que se establecen na resolución de convocatoria anual.
En 2026, as persoas mutualistas poderán solicitar axudas do 17 de abril ao 10 de xuño, ambos inclusive.
Rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas. Entre eles, as oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
Resolución do 10 do abril, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que se convocan axudas asistenciais para o ano 2026 (BOE do 16 de abril do 2026)