Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Subsidio por risco durante a lactación natural
Tipo de Prestación
Subsidio por risco durante a lactación natural.
De que se trata?
É unha prestación económica que poden solicitar as mutualistas que obtivesen licenza por risco durante a lactación natural. Existe un modelo específico de parte para as situacións de risco.
Contía
O 100% das retribucións complementarias devindicadas no terceiro mes de licenza.
Beneficiaria
A mutualista que obtivese licenza por risco durante a lactación natural de fillos e fillas menores de nove meses.
Prazo de presentación
A partir do día 91º en situación de risco durante a lactación natural poderá solicitarse o subsidio a MUFACE.
Lugar de presentación
Os medios para solicitar o Subsidio por risco durante a lactación natural son os seguintes:
1) A través daSede Electrónica de MUFACE (acceso a guía), as 24 horas do día, todos os días do ano. Precísase certificado electrónico, DNI electrónico, Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN. Pode rexistrarse en Cl@ve, sen necesidade de desprazarse a unha oficina, accediento á Sede Electrónica da Axencia Tributaria (apartado "Trámites Destacados/Cl@ve" -acceso a solicitude de Cl@ve): Recibirá unha carta cun código que deberá activar na Sede Electrónica da Seguridade Social.
2) Na unidade de persoal do organismo onde presta servizos, cubrindo o impreso oficial que aparece máis abaixo.
3) Mediante correo postal, cubrindo o mencionado impreso oficial.
4) En calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Se non se presenta o modelo 145 do IRPF, calcularase o tipo de retención sen ter en conta as súas circunstancias persoais e familiares (art. 88.2 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).
O órgano de persoal cumunicará a MUFACE a licenza do cuarto mes xunto con o certificado das retribucións básicas e complementarias devindicadas ao comezo do terceiro mes de licenza e das complementarias deixadas de aboar a partir do día 91º.
Solicitude electrónica
Acceda agora para presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica (apartado "Prestacións Sociais/Solicitude de subsidio por IT, RE e RLN").
Normativa
Orde PRE/1744/2010, do 30 de xuño , pola que se regula o Procedemento de recoñecemento, control e seguimento das situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural no Réxime Especial da Seguridade Social dos Funcionarios Civís do Estado.