Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Vacinación gripe 2026-2027
Inicio da campaña de vacinación en outubro
En outubro iníciase a campaña de vacinación da gripe 2026-2027. Garántese a subministración das doses necesarias a todos os mutualistas, independentemente da súa opción sanitaria.
A vacina fornécese conforme a campaña despregada por cada comunidade autónoma, de modo progresivo, e adminístrase a persoas incluídas nos grupos de risco establecidos por cada comunidade, ben polo servizo público de saúde, ben pola entidade concertada, segundo a súa opción. Hai excepcións, polo que é importante que lea toda a información e permaneza atento ás nosas noticias web. Iremos difundindo a información a medida que esta sexa confirmada por cada comunidade autónoma.
Como norma xeral, se é vostede de servizo público de saúde, contacte co seu centro de saúde para pedir cita, e se é de entidade concertada, debe contactar coa súa entidade (ASISA ou ADESLAS). Teña en conta que as campañas teñen diferente data de arranque.
A vacina neumocócica atópase incluída no calendario común de vacinación en todas os CC.AA. Recoméndase a vacinación fronte a neumococo cunha soa dose a partir dos 65 anos de idade, non sendo necesarias de forma xeral doses posteriores de recordo.
Se desexa información máis concreta contacte coa súa Entidade ou, se ten algún problema, co seu Servizo Provincial.