Á fronte de cada Servizo Provincial e dos Servizos de Ceuta e Melilla existirá un director ou directora, de conformidade coas previsións que establezan as correspondentes relacións de postos de traballo.
O director ou directora asume a dirección, coordinación, programación, execución e control da actividade administrativa e técnica da Mutualidade e, en concreto, ten as seguintes competencias e atribucións, no seu ámbito territorial:
a) Representa á Mutualidade Xeral de Funcionarias e Funcionarios Civís do Estado.
b) Exerce a xefatura dos servizos administrativos da Mutualidade e responde da súa eficacia.
c) Cumpre e fai cumprir os acordos e resolucións da Dirección Xeral de MUFACE.
d) Dita resolucións nas materias que lle sexan atribuídas expresamente ou por delegación.
e) Preside as Comisións Mixtas Provinciais previstas nos concertos subscritos por MUFACE para a prestación da asistencia sanitaria.
f) Desempeña a xefatura superior do persoal do Servizo.
g) Eleva á Dirección Xeral de MUFACE cantos informes, estudos, propostas e programas de actuación sirvan para o mellor cumprimento dos fins que lle están encomendados a MUFACE.
h) Elabora anualmente a memoria e rende contas dos fondos asignados ao seu Servizo.
i) Exerce calquera outra competencia ou atribución que lle sexa asignada por disposición legal ou regulamentaria, ou por resolución da Dirección Xeral de MUFACE.