Podes contactar con MUFACE a través do seguinte formulario de contacto.
Atención de Urxencia
Tipo de prestación
Asistencia Sanitaria concertada en territorio nacional
De que se trata?
É aquela que se presta a pacientes nos casos en que a súa situación clínica obriga a unha atención sanitaria inmediata. Dispénsase tanto en centros sanitarios como fóra deles, incluíndo o domicilio, durante as 24 horas do día todos os días do ano, mediante a atención médica e de enfermaría e coa colaboración de profesionais doutras actividades sanitarias.
En caso de precisar Atención Sanitaria de Urxencia deberá chamar ao teléfono de urxencias que consta no Cartón Sanitario emitida pola Entidade de adscrición:
Teléfonos de urxencia:
ADESLAS: 900 322 237
ASISA: 900 900 118
Quen precisen Atención Urxente deberán acudir aos Servizos de Urxencia que consten no Catálogo de Provedores da súa Entidade. Por tanto, quen, por decisión propia ou dos seus familiares, utilicen medios non concertados coa súa Entidade, deberán aboar, sen dereito a reintegro, os gastos que poidan ocasionarse, salvo os supostos e cos requisitos establecidos no Concerto para a asistencia urxente de carácter vital.